A Xunta Electoral proclama as candidaturas definitivas ao Consello Regulador 

A Xunta Electoral proclamou os candidatos definitivos das eleccións ao CRIXP de Carne de Vacún de Galicia, tal e como marca a orde do DOG sobre a renovación dos órganos de goberno das IXP e DOP. » Pode consultalas aquí.

Ata o próximo xoves 2 de febreiro os candidatos poden chegar a acordos electorais. Se non fose así, o día seguinte arrincaría a campaña electoral, con data para votar o 19 de febreiro. 

No caso de celebrarse a votación, o Consello Regulador xa publicou a localización das mesas electorais e o ámbito territorial que abranguen. Serían 12 en toda a comunidade, situadas nas Oficinas Agrarias Comarcais de: As Pontes, Teixeiro-Curtis, Santa Comba, Mondoñedo, Vilalba, A Fonsagrada, Becerreá, Sarria, A Gudiña, Maceda e Lalín; e no Edificio Administrativo da Xunta en Lugo. » Pode acceder ao mapa neste enlace.