A carne de Suprema protagoniza a Feira de Ternera Gallega de Láncara

A Pobra de San Xiao acolleu un ano máis a tradicional Feira de Ternera Gallega de Láncara, que alcanzou esta fin de semana a súa XXIII edición. Coa colaboración da IXP, esta Festa de Interese Turístico de Galicia celebrou tres días de encontro para veciños, produtores e turistas entorno á gandería de vacún galego e á carne certificada.

Ternera Gallega ofreceu o domingo dous showcookings da man dos cociñeiros Santiago Almuíña e Nardo Eiroa, que prepararon diversas pezas de Suprema en propostas gastronómicas moi variadas. Ademais de cociñar o filete do vacío e a tapa da pa (llana) á grella, presentaron un costelar a baixa temperatura e un corned beef en ensalada, un prato onde a carne se trata primeiro en salmoira e despois férvese en vinagre. 

Os visitantes da feira tamén puideron asistir a unha degustación de Ternera Gallega Suprema, na que se serviron dous pratos diferentes: carne ao caldeiro e costela asada. Ademais, a xornada completouse cunha exposición de gando vacún de raza Rubia Galega

A XXIII edición da Feira de Láncara acompañouse de degustacións de queixos con selo de calidade, diversas actuacións musicais, sorteos e xogos.