La Indicación Geográfica Protegida Ternera Gallega inicia su labor de control y promoción en 1989. Desde 1996 está reconocida por la Unión Europea, siendo la primera carne de vacuno con control integral y certificado de garantía.
La carne comercializada bajo el amparo de la IGP Ternera Gallega es exclusivamente de terneros nacidos, criados y sacrificados en Galicia, que proceden de razas autóctonas y sus cruces y que superaron un riguroso programa de control integral.
El control abarca desde el nacimiento de los terneros, su crianza, alimentación y cuidados sanitarios, hasta su sacrificio y presentación de la carne en los puntos de venta, todo ello de acuerdo con lo establecido en la legislación vigente. La alimentación de los terneros se basa en la leche materna, forrajes y concentrados procedentes de vegetales y exentos de cualquier subproducto animal o sustancia prohibida. El esfuerzo que realizamos en control nos permite asegurar que la carne de Ternera Gallega tiene la máxima calidad y garantía.
Noticiero
Cortar la carne en tacos alargados y rectangulares, salpimentar. Cortar el pan en lonchas rectangulares sin corteza no muy gruesas. Pochar la cebolla en aceite de oliva suavemente hasta que esté bastante hecha; añadir entonces el azúcar moreno y cocinar 2 minutos más hasta que se vea de color tostado.
Dorar la carne en una sartén a fuego vivo hasta por sus 4 costados ligeramente. En la misma sartén dorar las lonchas de Pan de Cea vuelta y vuelta. Laminar la carne en finas lonchas.
Cortar los filetes de Ternera Gallega en pequeños escalopines de 50 g cada uno. Adobar unas horas con el ajo picado, la mitad del perejil y el vino blanco.
En una sartén amplia añadir la mantequilla y cuando haya derretido, dorar rápidamente los escalopines vuelta y vuelta añadiendo sal y pimienta al gusto. Retirar del fuego y añadir a la sartén las alcaparras, el zumo de los limones y el resto del perejil picado. Devolver la sartén al fuego y dar un hervor rápido al conjunto removiendo para que se impregnen bien los filetes de carne.
Cortar las costillas individuales a lo largo del sentido del hueso. Elaborar el adobo mezclando bien todos los ingredientes y verter sobre la carne mezclando bien, asegurándose de que todas las piezas quedan badurnadas. Dejar macerar en nevera al menos 24 horas, (mejor 48 horas). Sacar las costillas de la nevera al menos una hora antes de cocinarlas. Escurrirlas del adobo y disponerlas sobre una rejilla de horno. A su vez disponer la rejilla sobre una placa de asar con un poco de agua en el fondo. Meter en horno precalentado a 190-200ºC durante aproximadamente 40 minutos, hasta observar que la carne se va contrayendo y desprendiendo del hueso. Ha de quedar cocinada pero jugosa. Pintar de nuevo las costillas con el adobo restante y hornear 10 minutos más.
O ciclo Gastropraza, que desde o mes de maio está poñendo en valor o produto local desde a praza de abastos de Ribadeo, ofreceu este xoves unha demostración de cociña en directo na que Ternera Gallega compartiu mesa con Porco Celta e Cabalo Pura Raza Galega.
Desde as 11 da mañá, os compradores e visitantes do mercado puideron asistir a este evento e degustar diferentes pratos elaborados por chefs da Asociación Provincial Cociñeiros Lugo. Coa carne certificada pola IXP, prepararon un tataki de croca e un xarrete a baixa temperatura. Dúas propostas moi diferentes con pezas habituais pero cun toque de orixinalidade. O menú completouse con lombo en escabeche de Porco Celta e hamburguesa de poldro.
Dúas demostracións culinarias da IXP formaron parte, este luns, dunha nova edición da feira tradicional Outrora, que divulga os oficios artesanais e os mercados típicos de comezos do século XX. Xunto a Axencia Galega de Calidade Alimentaria e coa colaboración do cociñeiro Marcos Arufe, Ternera Gallega serviu diferentes tapas con pezas moi diversas e acompañadas doutros alimentos galegos con selo de Indicación Xeográfica Protexida.
O menú ofreceu tanto carne certificada de Ternera Gallega Suprema como de Ternera Gallega. Comezou cun prato fresco, un tataky elaborado co corte redondo (babilla), e seguiu con dúas pezas á prancha: o medallón de vacío e a tapa da pa (llana). Dous cortes que permiten amosar a versatilidade do produto e as súas variedades e sabor e textura, cunha preparación moi sinxela e sen máis condimentos. Como receita final, unha tosta de carne mechada da agulla, aderezada con mostaza da IXP Mel de Galicia. Tamén a IXP Pan Galego acompañou a degustación.
A Indicación Xeográfica Protexida participou en diferentes eventos culturais e deportivos nos que os asistentes puideron degustar a carne certificada. Desde o mes de marzo, colaborou nas actividades de promoción dos produtos de proximidade e dos mercados locais que organiza o GDR Terras de Compostela.
Os concellos de Teo, Negreira, Val do Dubra, Santa Comba e Ames foron o escenario de varias degustacións nas que a carne certificada configurou o menú elaborado polo cociñeiro José Manuel Mallón. Ademais de probar os pratos, os asistentes puideron aprender as mellores técnicas e consellos para o corte e a preparación da carne de vacún.
As DOP e IXP nacionais, agrupadas dentro da asociación Origen España, reuníronse en Cáceres durante tres días para abordar cuestións de interese para o presente e o futuro das figuras de calidade, desde temas lexislativos e técnicos a outros de carácter institucional, co obxectivo de marcar obxectivos comúns para o sector. O Consello Regulador da DOP Pimentón de la Vera foi o anfitrión.
Máis de 80 representantes das denominacións de orixe participaron nas XVI Xornadas Técnicas da asociación, nas que se organizaron diferentes mesas redondas. “Xestión e rexistro das Indicacións Xeográficas a nivel da Comisión Europea, EUIPO e OEPM” foi a primeira delas, coa participación do Head of Unit da European Commission - DG Agriculture and Rural Development da Unit F3 – Geographical Indications, João Onofre; a subdirectora xeral do Departamento de Signos Distintivos da OEPM, Inmaculada Redondo e o xefe de equipo do Departamento de Actividades Operativas da EUIPO, Pablo Amat.
O Pleno do Consello Regulador das IXPs Ternera Gallega e Vaca Galega-Boi Galego, reunido este martes 24 de xuño, acordou modificar as taxas de identificación dos animais no campo e as de certificación das canais nas industrias. Unha medida que se aprobou por unanimidade de todos os membros do Pleno, tanto dos representantes da produción como das empresas cárnicas.
As cotas subirán 30 céntimos por animal e canal, de xeito igualitario nas ganderías e nas industrias, a partir do próximo 1 de xullo. As taxas establecidas ata agora aprobáranse no 2020 polo que, tras cinco anos, era necesaria unha actualización.
Continúa o programa formativo da IXP con profesionais de carnizaría da cadea Gadis. Nesta ocasión, achegáronse á sede do Consello Regulador dous grupos de 15 persoas cada un; que, na liña habitual, participaron nun seminario teórico e práctico sobre a carne certificada, o seu sistema de control e rastrexabilidade e os aspectos organolépticos e culinarios que a definen.
Cortes como o peito, o vacío, a tapa da pa ou a bavette foron os máis destacados da sesión gastronómica, na que o cociñeiro José Manuel Mallón explicou as mellores técnicas de corte, tratamento e preparación segundo as pezas; lembrando que non existen as de primeira ou segunda categoría, senón, pezas e usos culinarios. Deste xeito, os participantes puideron comprobar a versatilidade do produto amparado e as receitas ou tipos de cociñado máis axeitados para cada corte, desde pratos rápidos e sinxelos e outros con horas de asado ao forno.