
Constituído o novo Consello Regulador
Tras o proceso electoral para a renovación dos órganos de goberno das denominacións de calidade, este xoves constituíuse o novo pleno do Consello Regulador das IXP de Carne de Vacún de Galicia (IXP Ternera Gallega e IXP Vaca Galega-Boi Galego), coa presenza do director da Agacal, José Luis Cabarcos. Os vogais aprobaron a continuidade como presidente de Jesús González; mentres que se estrean na vicepresidencia do sector produtor Hermanos González Rodríguez SCG, representado por José Ramón González Rodríguez, e na vicepresidencia do sector industrial, Matadero Carballiño SL., representado por Emilio Pedro González Iglesias.
Previamente á eleccións destes cargos, os 16 vogais tomaron posesión, representando 8 deles ao sector produtor e outros 8 ao industrial. No caso das Ganderías, o único censo no que houbo eleccións, 2 vogais pertencen á Asociación Gandeiros Galegos da Suprema, outros 2 a Unións Agrarias e 1 ao Sindicato Labrego Galego. Tanto no censo de Cebadeiros como en todos os censos que afectan ao ámbito industrial non houbo votacións por presentarse candidaturas únicas. Os Cebadeiros contan con 3 vogais da Asociación Agraria de Galicia e os 8 da industria pertencen a Asogacarne.
Rematado o proceso electoral e a constitución do pleno, o Consello Regulador quedou conformado do seguinte xeito:
Presidencia – Jesús González Vázquez
Vogais sector produtor:
- Ganderías:
Santiago Rego Teijeiro
Francisco Rivas Fernández
Hermanos González Rodríguez SCG. Vicepresidencia
José Luis García Cupeiro
Samuel Formoso Salgado
- Cebadeiros:
González Coello SC
Gudiagro SL
Finca Idreira SL
Vogais sector industrial:
- Subcenso de Matadoiros de máis 2000 de canais ao ano:
Matadero Carballiño SL. Vicepresidencia
Novafrigsa SA.
Matadero Gral. y Frig. Baixo Miño SL.
- Subcenso de Matadoiros de 2000 ou menos canais ao ano:
Frigoríficos del Lea SL.
- Censo de Salas de despezamento:
Vego Supermercados SAU.
Albresa SL.
- Censo de Grosistas e Retallistas:
Gadisa Retail SLU.
Alfredo Galván SL.