Paradela pecha as festas de San Cidre cunha degustación de carne certificada

Coma en anos anteriores, Ternera Gallega participou na Feira de Ano e a tradicional festa de San Cidre de Paradela, celebrada o pasado domingo. Nesta trixésimo segunda edición, a IXP ofreceu unha degustación de churrasco da categoría Ternera Gallega Suprema, acompañada de pan da comarca e viño da Ribeira Sacra. 

Foi o broche final para unha xornada dedicada ao patrón de agricultores e gandeiros, con gran asistencia de público e unha ampla variedade de actividades. Pola mañá, abría a exposición de gando, cuns 50 exemplares, na súa maioría de Rubia Gallega e actuaba a Charanga de Paradela.  Xa pola tarde, comezaba o desfile de gando e carros do país en compañía da Banda do concello, que celebra este ano o seu 150 aniversario e que tamén deu un concerto. 

Trala degustación de Ternera Gallega Suprema a verbena correu a cargo da orquestra Trébol. Ademais, durante todo o día os asistentes puideron visitar a Feira de Artesanía e de Maquinaria Agrícola.