O Consello Regulador participa en Vigo nunhas xornadas sobre gastronomía 

O director de Promoción, Luis Vázquez, asistiu este mércores ao “Ciclo de Xornadas 01 Galicia con valor” engadido sobre gastronomía, centrado na restauración, bodegas e turismo e organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia. Tamén participaron o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, acompañado do director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta.

Dentro do relatorio “Conversación estratéxica 01: Unha cadea de valor que comenza no campo ou no mar”, Luis Vázquez subliñou a relevancia da IXP Ternera Gallega para a vertebración do territorio e o futuro do medio rural, tanto a nivel socioeconómico coma ambiental. E vinculou a calidade e orixe do produto cunha gastronomía que atrae ao turismo. Nesa mesma liña, puxo en valor igualmente a IXP Vaca Galega-Boi Galego.

Pola súa banda, Cabarcos tamén destacou a importancia da gastronomía galega, amparada en moitos casos por selos de calidade alimentaria IXP e DOP, e que supón un dos piares da economía da comunidade. E o director xeral de Pesca sinalou os beneficios para a saúde dos produtos do mar e a importancia de promover o seu consumo a través de campañas como “Galicia sabe amar”.

Estas xornadas enmárcase no programa “Capacita Directivos 2023” e nesta ocasión puxo o foco sobre o proceso de transformación das materias primas. O obxectivo final é analizar como Galicia foi creando cadeas de valor dende sectores primarios ata chegar a ofrecer servizos de alta calidade que constitúen un reclamo por si mesmos.