As explotacións que teñen dereito ás axudas de marcaxe poden solicitalas ata o 27 de maio

Os gandeiros e gandeiras inscritos na IXP Ternera Gallega e/ou na IXP Vaca Galega-Boi Galego, e que cumpran os requisitos para acceder ás axudas aos gastos de marcaxe, teñen de prazo para solicitalas ata o 27 de maio. Comprenden como período subvencionable dende o 1 de maio do 2023 ata o 30 de abril deste ano e diríxense ás explotacións con gastos de marcaxe superiores a 50€

Igual ca nas últimas convocatorias, son os propios inscritos, tanto as persoas físicas coma as xurídicas, os que deben facer a solicitude a través deste enlace da sede online da Xunta, onde se especifica a documentación necesaria.

Requisitos 

Teñen dereito a estas axudas os titulares de explotacións que se incorporaran ás IXP despois do 18 de novembro de 2015, que estean actualmente en activo e que non superen as 5 convocatorias como beneficiarios. As achegas cobren o 100 % dos gastos subvencionables, sen superar os 3.000 euros anuais por explotación. 

 

Pode consultar a convocatoria deste ano neste enlace ao DOG. Para calquera dúbida, contacte co Consello Regulador nos teléfonos habituais: 981 575786 e 981 574899 ou enviando un correo electrónico a: admin11@vacundegalicia.com