Láncara celebrou a XXV edición da Feira de Ternera Gallega
Este mércores 1 de maio, no día central da Feira, a Pobra de San Xiao acolleu o xantar de carne de Ternera Gallega Suprema, que se preparou ‘ao caldeiro’ e con costela asada, coa colaboración da Indicación Xeográfica Protexida e do concello de Láncara. Unha xornada na que tamén houbo unha poxa de xovencas, un concurso de gando e unha exhibición ecuestre.
Actuación musicais e deportivas amenizaron tanto esta XXV edición da Feira como a XV Festa dos Avós, celebrada o martes, que remataba cunha foliada popular e unha degustación gratuíta, tamén de Ternera Gallega Suprema, na Praza dos Labradores.
Desde o 2020, a Feira de Ternera Gallega de Láncara está declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.