Máis de 4.500 ganderías da IXP Ternera Gallega reciben 12 millóns de euros en axudas
Os gandeiros e gandeiras inscritos están a recibir as axudas convocadas en xaneiro para as explotacións que tivesen animais rexistrados durante o 2023 como Ternera Gallega ou Ternera Gallega Suprema. A Consellería do Medio Rural concede con estas achegas 11,37 millóns de euros a 4.578 beneficiarios, co obxectivo de contribuír a paliar o incremento de custos derivado da subida das materias primas.
Sobre o número de animais subvencionados, acadouse unha cifra de 82.787. O 62 % corresponde á categoría Ternera Gallega Suprema, na que a axuda é de 200 € por animal. O resto pertencen á categoría Ternera Gallega, cunha achega de 36 € por tenreiro.
Esta subvención dirixiuse aos animais que estiveron rexistrados durante o ano 2023 na IXP, que finalizaron o seu ciclo produtivo no marco da Indicación dentro de dito ano e que cumpriron todos os requisitos específicos exixidos ás respectivas categorías, Ternera Gallega Suprema e Ternera Gallega.
- Neste enlace pode consultar a resolución do DOG.