A IXP achegouse aos consumidores en Santiago, Paradela, Ourense e A Coruña

Un ano máis, o Día das Letras Galegas conmemorouse en Santiago xunto á carreira ‘Camiño das Letras’, na que Ternera Gallega colabora desde os seus inicios. A Cidade da Cultura volveu ser o escenario para ofrecer unha degustación da carne certificada a todos os participantes na proba. 

Tanto maiores como cativos participaron nesta cita deportiva que ofrece varios percorridos. A proba absoluta, de 15 km, uniu o Pico Sacro con Compostela pola Vía da Prata; mentres que a distancia de 5 km discorreu polo Bosque de Galicia e o Gaiás. Para os máis pequenos, a carreira tamén dispuxo un circuíto pola Cidade da Cultura.

San Cidre

Tamén puideron gozar dun xantar degustación de Ternera Gallega os asistentes á Feira de Ano San Cidre de Paradela, onde a carne certificada se acompañou de pan da comarca e viño da Ribeira Sacra. A festa ofreceu outras actividades, como unha exposición gandeira, un desfile de carros e varias actuacións musicais. 

Shopping night

O comercio local de Ourense celebrou unha nova edición, e xa van dez, da Shopping Night, unha xornada para impulsar as compras xunto a actividades de ocio, danza e música. E un ano máis, Ternera Gallega participou na festa ofrecendo unha degustación da carne certificada para todos os asistentes na Praza de Abastos. Setenta establecementos formaron parte desta celebración na cidade das Burgas, que incluíu descontos e unha ampliación do horario comercial ata as once da noite. 

Día da Amizade

Tamén como xa é tradición, a IXP colaborou coa Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios de A Coruña nas actividades que organizou para conmemorar o Día da Amizade. Nun evento para 150 persoas, Ternera Gallega estivo presente mediante a achega de material divulgativo e merchandising