Adíase ao 9 de febreiro a xornada informativa sobre as IXP prevista en Curtis
Debido as predicións meteorolóxicas para este venres 23, o Consello Regulador cambia ao día 9 de febreiro a xornada de exaltación das IXP Ternera Gallega e Vaca Galega-Boi Galego prevista no Recinto feiral de Curtis. Mantense o mesmo horario e programa, con dúas charlas informativas sobre cada un dos selos de calidade; incidindo especialmente en Vaca Galega-Boi Galego, co obxectivo de que os gandeiros e gandeiras coñezan as vantaxes de marcar os seus animais de vacún maior.
Dirixida a profesionais do sector produtor, esta xornada vai repasar a historia da carne galega certificada, ademais de analizar os aspectos técnicos, económicos e comerciais do mercado do vacún. A partir das 12 da mañá comezará a primeira charla ‘A carne con nome propio: control e calidade na IXP Ternera Gallega”, para continuar coa exposición sobre o vacún maior certificado, ‘IXP Vaca Galega-Boi Galego: tradición, sabor e futuro’. Ao finalizar, ofrecerase unha degustación do produto certificado.
As persoas interesadas en asistir poden inscribirse neste enlace.