Dez anos de colaboración entre Origen España e a Garda Civil suman máis de 26.000 inspeccións en defensa das IXP e DOP

A Asociación Española de Denominacións de Orixe, Origen España, celebra o décimo aniversario da colaboración conxunta coa Gardia Civil. Un acordo, firmado en 2016, co fin de garantir a protección das IXP e DOP ante o fraude alimentario e o uso ilícito dos nomes protexidos.

O acto de conmemoración, con presenza da IXP Ternera Gallega, presidírono o xefe da Policía Xudicial da Gardia Civil, o Xeneral de Brigada Alfonso López, e o presidente de Origen España, Ángel Pacheco, que recalcou que hai dez anos a Asociación deu un paso decisivo para blindar as figuras de calidade fronte o fraude. Sinalou que o acordo foi unha ferramenta clave para fortalecer a seguridade alimentaria, protexer o prestixio das DOP e IXP e reforzar a confianza de consumidores e produtores.

Con este Procedemento Operativo de Colaboración entre as dúas entidades, desde o 2016 realizáronse máis de 26.000 inspeccións, nas que se detectaron 150 infraccións penais e máis de 16.000 infraccións administrativas. Tamén foron detidas e investigadas máis de 570 persoas e intervíronse preto de un millón e medio de litros de produto e máis de 6.700 millóns de quilos.

Como exemplo deste traballo de inspección, o secretario xeral da DOP Los Pedroches, Juan Luis Ortiz, explicou dous casos con condenas de privación de liberdade. Unha do ano 2024, por falsificación de contraetiquetas de Los Pedroches, e outra, deste mes de xaneiro, que afecta á DOP Jabugo, por reetiquetado de xamóns e paletas que non estaban amparados pola Denominación.