Ternera Gallega repuxo as forzas dos corredores de A Gran Bikedada
Unha edición máis, a IXP apoiou a Gran Bikedada de Vigo, celebrada este pasado domingo, ofrecendo unha degustación da carne amparada para os participantes da carreira. Tamén repartiu entre os asistentes receitarios con propostas variadas para coñecer mellor Ternera Gallega e a súa versatilidade na cociña. Nesta ocasión, participaron uns 750 ciclistas, que aproveitaron o bo clima da fin de semana, aínda que os últimos temporais aínda se sentiron no estado das pistas.
Ademais, esta 12ª edición contou con dúas novidades. Por un lado, un tramo de aventura, denominado ‘o tobogán’ de Monte Espiño; onde Eva Ortega dominou na categoría feminina e Bradan Márquez, na masculina. E por outra banda, unha andaina a pé, o circuíto ANDA12K, que tamén partiu de Vialia.
O domingo, Ternera Gallega tamén participou na 43ª edición da Festa da Filloa de Lestedo, onde a carne certificada se puido degustar en combinación con queixo da DOP San Simón da Costa.