A carreira Camiño das Letras conta de novo coa carne certificada

Un ano máis, o 17 de maio conmemorouse tamén con deporte, coa XII edición da Carreira Camiño das Letras, celebrada en Santiago. Unha cita que conxuga actividade física, cultura e tradición, pero tamén gastronomía, xa que os corredores poden participar dunha degustación de Ternera Gallega ao rematar a proba. 

Con preto de 250 inscritos, a Carreira Camiño das Letras propuxo varias probas. A absoluta, de 15 quilómetros entre o Pico Sacro e a Cidade da Cultura, percorrendo o Camiño do Sueste. Tamén unha opción máis curta, de 5 quilómetros, no entorno do Gaiás e o Bosque de Galicia e varios circuítos para as categorías infantil e xuvenil. 

A iniciativa conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Secretaría Xeral da Lingua e da Dirección Xeral de Cultura.