A carne certificada acompaña a Pan de Cea na súa festa de exaltación

Como é tradición, Ternera Gallega participou un ano máis na Festa do Pan de Cea, que se celebrou esta fin de semana no Campo da Saleta, chegando xa a súa XXXIII edición. O produto certificado serviuse en empanada e ao caldeiro no xantar oficial do domingo, onde tamén compartiron mesa outros produtos galegos con selo de calidade. A combinación perfecta coas 1.500 pezas que despachou Pan de Cea. 

A festa comezaba a mediodía, coa presentación dunha exposición e do libro fotográfico ‘San Cristovo de Cea onde o Pan é Arte’, para continuar coa lectura do pregón a cargo da conselleira do Mar, Marta Villaverde. 

Xa pola tarde, houbo unha degustación gratuíta de produtos de Mar de Galicia e dous concertos, con Amigos do Acordeón Terras de Celanova e a orquestra Capitol.

Na xornada previa, o sábado, os asistentes puideron participar na XII Ruta dos Fornos, que percorre os antigos fornos de Pan de Cea e nos que se ofreceron degustacións de petiscos variados. Sete fornos conformaron a andaina, que tamén estivo amenizada con actuacións musicais.