ternera gallega
EspañolGalego
 Alta de Usuarios

Características da carne

CARACTERÍSTICAS ORGANOLÉPTICAS OU SENSORIAIS.

Características da carne

A carne amparada pola I.X.P. Ternera Gallega presenta unhas características sensoriais específicas e excepcionais, como consecuencia de que procede de animais moi novos (sacrifícanse con menos de dez meses de vida), principalmente da raza Rubia Gallega e os seus cruces (excelente pola súa aptitude cárnica), cunha alimentación tradicional de máxima calidade (leite materno, forraxes, concentrados de orixe exclusivamente vexetal), e polo peculiar manexo e sistema de producción dos gandeiros galegos (explotacións familiares con man de obra propia).

A carne de Ternera Gallega varía dunha cor rosa clara, no caso de ternera, ata un vermello suave, no caso do añojo. Ó corte presenta un aspecto magro, de consistencia firme, lixeiramente húmido e brillante, con graxa de cor branca nacarada e suaves irisacións amareladas, distribuida homoxeneamente. A súa textura é suave e con músculo de grao fino.

É unha carne que destaca polo seu intenso e agradable sabor, cunha extraordinaria tenrura, xugosidade e suculencia. En definitiva, Ternera Gallega, e sobre todo Ternera Gallega Suprema, é unha carne para padais exquisitos e esixentes, que buscan sensacións únicas e especiais nunha carne de vacún.

PROPIEDADES NUTRITIVAS DA CARNE DE VACÚN.

Valores nutritivos

A carne de vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta sá e equilibrada, destacando polo seu elevado contido proteico.

As proteínas cárnicas son de moi alta dixestibilidade e gran valor biolóxico, xa que achegan aminoácidos esenciais que son necesarios para funcións como o crecemento e reparación dos tecidos do noso organismo. Con só 100 gramos de carne de vacún temos cubertas o 48 % das necesidades diarias de proteínas.

É rica en vitaminas do grupo B: a tiamina e a riboflavina son necesarias para un bo funcionamento do sistema nervioso; a niacina axuda ó mantemento do crecemento orgánico; a B5 e a B6 no metabolismo dos carbohidratos e proteínas; e a B12 na producción de hematíes.

En cuanto ó aporte de minerais, destaca o seu alto contido en fósforo, que estimula o desenvolvemento intelectual e que xunto co calcio son necesarios na formación de osos e dentes. Tamén ten magnesio que é necesario para o funcionamento orgánico, así como o ferro para evita-las anemias.

Valores calculados para 100 gramos de carne de Tenreira:

Vitaminas

Cantidade

Achega á dieta básica

Minerais

Cantidade

Achega á dieta básica

B1 tiamina

0,12 Microgramos

8%

Calcio

12,00 mg

2 %

B2 riboflaminas

0,2 Microgramos

13%

Fósforo

210,00 mg

25%

B3 niacina

6,80 Microgramos

35%

Hierro

2,90 mg

23%

B5 ácido
pantoténico

1,00 Microgramos

12%

Magnesio

25,00 mg

9%

B6

0,60 Microgramos

15%

Proteínas

20,50 mg

48%

B12

2,20 Microgramos

73%