
Diariamente, os inspectores da I.X.P.Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega desprázanse ós matadoiros inscritos para realiza-la certificación das canais, que deben cumpri-las seguintes condicións:
- Que fosen declaradas aptas para o consumo pola Inspección Sanitaria Oficial.
- Que procedan dun tenreiro nacido e criado en Galicia, que esté identificado e inscrito na I.X.P.Indicación Xeográfica Protexida e que teña superado o programa de control integral de Ternera Gallega.
- Que cumpren os requisitos establecidos na normativa europea sobre clasificación de canais de vacún, que admite 6 tipos de conformación (denominados coas letras S, E, U, R,O, P), e 5 estados de engraxamento (tipificados cos números 1, 2, 3, 4, 5).

A I.X.P.Ternera Gallega só certifica as canais de mellor conformación: S, E, U e R, e os estados de engraxamento intermedios: 2 e 3. Ademais, o PH da canal debe ser inferior a 6.
Unha vez comprobado que se cumpren as condicións anteriores, certifícase a canal, informatízanse os seus datos e emítese a Acta de Certificación de Canais.
Para lograr que toda a carne amparada pola I.X.P.Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega esté perfectamente identificada, actualmente os técnicos da Denominación emiten 2 Certificados de Garantía e colocan en cada canal 24 Contraetiquetas de Certificación, correspondéndose o seu número cun despezamento tradicional de vacún.
O Certificado de Garantía e as Contraetiquetas de Certificación son os elementos identificativos que lle garanten ós consumidores que a carne certificada que están a mercar é de Ternera Gallega. Ademais, conteñen tódolos datos para demostra-la trazabilidade da carne, así como información complementaria: número de identificación do tenreiro, explotación gandeira onde se criou, sistema de producción e alimentación, matadoiro de sacrificio, clasificación da canal, día de certificación, número de certificación, etc.

A Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega certifica, segundo a idade, o sistema de producción e a alimentación, tres tipoloxías de carne: Ternera Gallega Suprema, Ternera Gallega e Ternera Gallega Añojo (véxase a información ó consumidor).