
Na Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega están inscritas toda-las explotacions gandeiras e industrias cárnicas que voluntariamente o desexen, sempre que cumpran as condicions establecidas no Regulamento desta Denominación.
Actualmente existen 4 censos ou rexistros:
· Rexistro de ganderías.
· Rexistro de productores.
· Rexistro de matadeiros.
· Rexistro de salas de despece.
Cada catro años celébranse eleccions e os inscritos nos censos ou rexistros citados anteriormente elixen democráticamente ós seus representantes, constituíndose o Consello Regulador da I.X.P. Ternera Gallega, que é o órgano de goberno da Denominación. Polo tanto, é responsable da defensa dos gandeiros e das industrias inscritas, da aplicación e cumprimento do Regulamento, do control e certificación da carne amparada por Ternera Gallega e dos programas de promoción e información ós consumidores.

O Consejo Regulador da I.X.P. Ternera Gallega está composto polos seguientes membros:
· Presidente.
· Vicepresidente.
· Sete vocais que representan á producción.
· Sete vocais que representan á industria.
· Dous vocais nomeados pola Administración Pública.
O persoal da I.X.P. Indicación Xeográfica Protegida Ternera Gallega presenta a seguinte distribución e funcións principais:
· Persoal directivo: Secretario Executivo, Director Técnico y Director de Promoción e Relacións Externas.
· Persoal administrativo: se ocupan do traballo administrativo e de atende-las oficinas, cun horario de 8-14 e 16-19 horas, de luns a xoves e de 8-15 horas os venres.
· Persoal de inspección e control : realizan o control das explotacións gandeiras, a identificación dos tenreiros inscritos na I.X.P., a certificación dos canais, o control dos matadeiros e as salas de despece, o seguimiento da carne amparada por Ternera Gallega nos puntos de venda (carnicerías, supermercados e hipermercados).
· Ademais, a Denominación conta co apoio regular dun gabinete de comunicación e relacións públicas, así coma co asesoramiento xurídico, laboral e informático que compre para poder realizar correctamente a súa labor.
A I.X.P. Ternera Gallega ten na actualidade a súa sede no Recinto Ferial de Amio, en Santiago de Compostela (A Coruña). A súa labor de control desenrólase fundamentalmente en toda a Comunidade Autónoma de Galicia e a promoción a nivel nacional e internacional.