Profesionais do sector cárnico visitan Ternera Gallega na feira SIAL 2016 celebrada París

Profesionais da importación, distribución, catering e restauración achegáronse ao stand da IXP Ternera Gallega na 50ª edición do Salón de alimentación  SIAL, celebrado em París, do 16 ao 20 de outubro.  Representantes de Francia, Alemania, Holanda, Bélxica, e do sudoste asiático  mantiveron encontros comerciais coa IXP para coñecer de primeira man información sobre a orixe, trazabilidade, características e propiedades da carne con indicativo de calidade que ampara a Denominación. Da man do Instituto do Comercio Exterior (ICEX), a IXP e industrias cárnicas inscritas, aproveitaron esta nova cita no pais galo na procura de novas oportunidades de negocio. 

Un importante foro de traballo no que Ternera Gallega tivo a oportunidade de Dara acoñecer e probar as  propiedades culinarias, tenrura, textura e sabor da carne amparada na denominación.

A presenza en SIAL supón un paso máis no intenso labor de promoción que vén desenvolvendo a IXP no exterior, mantendo encontros profesionais con comerciais cárnicas, distribución, restauración e medios de comunicación especializados.

Referente mundial 

Máis de 7.000 expositores dun cento de países e máis de 155.000 visitantes de procedencia internacional e nacional son algunhas das cifras que avalan a gran dimensión dunha das feiras sectoriais máis importantes en alimentos e bebidas en todo o mundo. 

Un espazo para profesionais do sector que presenta as últimas tendencias e novidades, en liña co que demandan os diferentes axentes da cadea de valor e consumidores, e que reporta múltiples beneficios para as empresas expositoras. SIAL 2016 recibiu máis de 120 visitas institucionais de diferentes países, e organizaronse máis de 250 eventos dentro dos diferentes sectores da feira.