A Volta 2018 sabe a Ternera Gallega 

A Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega foi un dos produtos estrela que puxo sabor a Volta Ciclista a España, durante a primeira das súas 21 etapas. A Denominación non quixo faltar, por sétimo ano consecutivo, a esta cita co deporte e fíxoo, como é habitual, da man da iniciativa E para comer, Lugo, promovida por Turismo de Galicia e a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo. 

Unha iniciativa que os hoteleiros lucenses repetirán en todas as saídas da Volta, colocando unha plataforma de exposición e degustación na que Ternera Gallega terá unha presenza destacada, xunto a outros 16 selos de calidade da Comunidade Autónoma.