O Consello Regulador acode á Asamblea de Origen España 

O presidente da IXP Ternera Gallega, Jesús González, xunto co secretario executivo, José Gómez, presidiron a Asamblea de Origen España, celebrada en Madrid o pasado martes 6 de novembro. A esta cita, achegáronse representantes das diferentes IXP e DOP de todo o país para abordar as cuestións de interese que afectan aos produtos de calidade diferenciada. Tamén se trataron temas de xestión e tesourería de Origen España, cuxa presidencia recae actualmente en Ternera Gallega.