Ternera Gallega forma aos alumnos do Obradoiro de Emprego da Lanzada

A IXP impartiu esta mañá un seminario teórico-práctico no taller de emprego A Lanzada II, no Grove, no que 16 persoas reciben formación na rama da Hostalaría para incrementar as súas oportunidades laborais. Cumprindo coas medidas de seguridade apropiadas, a iniciativa segue adiante para que os alumnos poidan avanzar na súa aprendizaxe, especialmente na parte máis práctica, que se vira interrompida pola covid-19.

O director de Promoción da IXP, Luis Vázquez, explicou as cualidades diferenciais de Ternera Gallega. Desde o tipo de animais, a súa alimentación e as razas admitidas, ata o sistema de control e trazabilidade da carne certificada; destacando a importancia das súas etiquetas para poder recoñecela e diferenciala no mercado. Trala teoría, os alumnos puideron pasar á práctica para familiarizarse coas diferentes pezas de carne e as súas posibilidades gastronómicas, ademais de coñecer as mellores técnicas e consellos para o seu corte e cociñado.  

Este obradoiro dedica especial atención aos produtos galegos con selo de calidade. Ademais de Ternera Gallega, os estudantes tamén recibiron formación sobre outras IXP e DOP, como Mel de Galicia ou os queixos Arzúa-Ulloa e Tetilla