NOTA INFORMATIVA 23/04/2024 Actualización das condicións para o movemento de bovinos con destino a matadoiro e consecuencia no requisito de idade Ternera Gallega Suprema

Tendo en conta a actualización das condicións para o movemento dos animais ruminantes con destino a matadoiro comunicada pola autoridade competente en Sanidade Animal (Rev-2 23/04/2024) infórmase que os requisitos para a certificación de canais como Ternera Gallega Suprema son os que figuran no Regulamento da IXP Ternera Gallega e no Prego de Condicións vixente:

Tenreira Galega Suprema: animais que se crían en explotacións con vacas nais e que tiveron un período mínimo de lactación materna de sete meses. O seu sacrificio realizarase antes dos dez meses.

Aos canais procedentes de animais sacrificados entre 10 e menos de 12 meses correspóndelles o tipo Ternera Gallega.