Charla informativa e concurso de cociña de Ternera Gallega
Charla-Degustación e concurso de cociña de Ternera Gallega na Asociación de Consumidores de Ribeira
A IXP Ternera Gallega está a realizar novas charlas informativas durante este mes de maio a distintos colectivos pertencentes a Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios de Ribeira para dar a coñecer os diferentes aspectos tecnolóxicos, nutricionais e culinarios da carne amparada pola IXP. Estas charlas informativas van acompañadas dunha demostración de cociña dirixida polo cociñeiro Baldomero Meniño do Hotel Restaurante Congreso de Santiago e finalizarán cun concurso de cociña que utilizará como base das preparaciñóns culinarias Ternera Gallega.